A nosa historia
No ano 1.984 José Manuel Gamallo, despois de anos traballando como encofrador, decide emprender a súa actividade como autónomo e, xunto coa súa muller, Carmen Ruibal, realizan diversas obras, inicialmente vivendas unifamiliares. O seu carácter emprendedor leva a José Manuel a contactar con construtoras da provincia, para as que empeza a traballar como subcontrata, especializándose na execución de estruturas de formigón.
O seu bo facer e seriedade no seu traballo lévalles a contratar cada vez máis obra e máis empregados e, en 1.994, deciden fundar GAMALLO E RUIBAL Construcións, S.L. En todos estes anos, e a pesar das crises que sufriu o sector da construción, GAMALLO E RUIBAL logrou sortealas manténdose como unha empresa sólida e solvente.
GAMALLO E RUIBAL segue sendo, desde entón, unha empresa familiar, dirixida agora polas súas fillas, que basean o seu traballo no exemplo recibido dos seus proxenitores e na formación adquirida ao longo destes anos.
Escuela de Inxeniería de Camiños, Canales e Portos en Elviña (A Coruña)