A Empresa
GAMALLO E RUIBAL é unha empresa dedicada á construción, especializada en Cimentacións e Estruturas de Formigón, actividade que vén desenvolvendo desde hai máis de 30 anos e sempre ofrecendo o mellor servizo e calidade aos seus clientes.
Desde que os seus fundadores iniciasen a actividade no ano 1.984, en GAMALLO E RUIBAL realizamos obras moi diversas, baseándonos sempre para o noso traballo en tres aspectos fundamentais: seguridade, calidade e prazo na entrega da obra.
Ofrecemos aos nosos clientes unha relación óptima entre estes tres aspectos, xunto a un prezo competitivo.
As Nosas Obras
Ao longo destes anos, construímos diversos e diferentes tipos de obras, abarcando a nosa área de traballo todo o territorio nacional. Adaptámonos ás necesidades dos nosos clientes.
Nuns casos executamos as unidades de obra achegando os materiais necesarios (formigón, aceiro…). Noutros casos, traballamos cos materiais fornecidos polos clientes para levar a cabo os traballos contratados.